luns, 3 de marzo de 2014

Redes Sociais: Características Xurídicas.


Redes Sociais. Características Xurídicas.

Unha aproximación.
 
Este saber non está demais, aghora que estamos tan imbuidas nese medio.

Podes ver a última edición deste documento na Páxina do Taller "Aprendermos Redes Sociais: Características Xurídicas"

O qué son as Redes Sociais.

O abeiro do Artigo 2.1 do Dictame sobre Protección de Datos 5/2009, considerase que para  que un sitio poida considerarse como Servizo de Redes Sociais (SRS), deben cumplirse as seguintes características:
  1. As usuarias deben proporcionar seus datos persoais para poder crear seu propio perfil en liña.
  2. Os servizos ofrecen ferramentas para compartir contido en liña, ben propio ou enlaces a outros sitios.
  3. Os sitios ofrecen ferramentas que permiten a creación de listas de contactos e a interacción con outras usuarias.

Marco Normativo no Estado Español:

Lei de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico. (LSSI).

Lei de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico:(LSSI)
(Lei 34/2002 de 11 de Xullo), que é adaptación da Directiva Europea 05/2009, que modifica e actualiza diversas directivas previas arredor do comercio electrónico, servizos da informacióń e espazo radioeléctrico.

A quen afecta a LSSI? (Resumo).

.- A Proveedores e Intermediarios de Servizos na Internet.
.- A Empresas e Particulares que realicen actividades económicas a través da Internet ou que consigan beneficio económico con elas, sexa directo ou indirecto. (publicidade)

Os prestadores de servizos, deben indicar na sua páxina web:
  • Seu nome ou denominación social e datos de contacto: Enderezo, dirección de correo electrónico, e calisqueira outro dato que permita unha comunicación directa e efectiva, como un número de teléfono ou fax.
  • No caso de que a empresa estea rexistrada no Rexistro Mercantil ou calisquera outro Rexistro, deberá sinalar tamén o número de inscripción que lle corresponda.
  • Seu NIF.
  • Información sobre o precio dos productos, indicando si inclue ou non os impostos aplicables, gastos de envio e calisqueira outro dato que deba incluirse no cumprimento das normas estatais ou nacionais aplicables.
  • Os códigos de conducta ós que teña suscrito, e no seu caso, a forma de consultalos electrónicamente.
  • Cando os prestadores de servizos empreguen dispositivos de almacenamento e recuperación de datos (cookies), deben recabar o consentimento explicito dos destinatarios, logo de seren informados sobre o seu uso e finalidade; en particular no referente ós fins da Lei Orgánica de Protección de Datos 15/1999 de 13 de Decembro de Protección de Datos de Caracter Persoal.

publicidade e web persoal
Atención ós requisitos para a publicidade en webs persoais. (amén da probable fiscalidade.

Outras Leis Aplicables ás Redes Sociais:
Lei de protección Civil ó honor, a intimidade e a propia imaxe. (1/1982).(Artigo 18 da Cosntitución do Reino de España)
Lei do Xogo.

Lei Orgánica de Protección de Datos:


Normalmente, mentras non recopilemos datos dos nosos seguidores ou de outras persoas con fin comercial, non estaremos  baixo a capacidade de actuación de tal lei.

Esta lei é aplicable especialmente ás empresas ou institucións que recaban datos de tipo persoal en cuestionarios asociados a calqueira actividade.
Afondaremos nela en breve.
As cuestións mais relevantes da Lei 15/1999 de 13 de Decembro ven sendo:

1.- Necesidade de comunicación previa a creación da base de datos a AEPD.
2.- Proporcionalidade dos datos recabados para os fins desexados.
3.- Custodia dos datos e impedimento de acceso de terceiros.
4.- Dereito de rectificicación e anulación dos datos almacenados.


A LOPD.Concepto.
LOPD: Obrigas do titular dos ficheiros.
LOPD: A calidade dos datos.

Lei Xeral da Publicidade.
 
As mais interesadas poderedes furgar nos documentos enlazados, e valorar, si realmente, tal como se pensa, as leis que xuzgan o devir dos sistemas da información están feitas en función da tecnoloxía aplicable no seu momento.
Esta reflexión farache valorar a cuestión de modernidade ou anacronicismo presente nas normas.

Alejandro Touriño: Dereito e Redes Sociais.

Convidamosvos a ver os Videos do obradoiro "Dereito e Redes Sociais" traballados por Alejandro Touriño arredor do Dereito e as Redes Sociais, presentados no MOOC elaborado pola Universidade Europea na plataforma Miriada-X.
Dereito e Redes Sociais.


z

E ti... atopas eivas nas características xurídicas das Redes Sociais? ¿Crees que está abondo asegurada a confidencialidade? ¿Estás de  acordo cos termos de uso? 

Si non tes tempo para estudiarte toda a lexislación ou asaltante dúbidas relativas ás características xurídicas nas Ŕedes Sociais, non dubides en contactarme.
 


Voltar ó Indice.



Aprendermos Feisbuk no Facebook:

Aula Virtual.
Facebook Fan Page.

 Materiais Complementarios: (Bibliografía)

.- Adecuacion_Lei dos Servizos da Sociedade da Información _e Comercio Electrónico __12_2012_inteco.pdf.

 
Licencia Creative Commons Redes Sociais: Carcterísticas Xurídicas por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+

Ferramentas usadas para crear este blogue: Linux Ubuntu, Mozilla Firefox, Gimp, Inkscape, Google Forms, Google Groups, Google Spreadsheet, Linkwhithin, Facebook Apps, Google Mail.

Ningún comentario :

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...