mércores, 19 de novembro de 2014

10 Ventaxas de unha páxina Vs Perfil en Facebook

Moitas empresas e negocios cometen o erro de crear un peril persoal en Facebook co nome do seu negocio ou empresa (ben sexa directamente para promocionar súa empresa como  para administrar a súa Fan-Page.)

Según as normas do Facebook o correcto é empregar unha Fan-Page ou páxina de Empresa para promocionar un negocio, mentras que os perfís están reservados exclusivamente a amosar persoas.


Amén  da prohibición expresa do Facebook. vouvos dar 10 razóns polas cais debedes desistir de xestionar o voso negocio de cercanía ou Comercio de Barrio dende unha páxina persoal.

Si ainda non tes, este enlace leva ás instruccións para crear a FanPage do teu negocio.

condicións facebook, termos facebook
Normas e condicións da aplicación Facebook para perfís persoais.

1.- Un perfil en Facebook representando unha marca comercial en calqueira intre pode ser eliminado. Facebook autoriza ás empresas e negocios a usar as Fan-Pages ou pàxinas de seguidoras e non os perfís persoais. Si nun momento dado Facebook decide revocar teu perfil perderías todo o esforzo adicado a difusión do mesmo.
Ademais podes esquecerte de reclamar, xa que si estás actuando así sabes que estás a vulnerar os acordos de licenza.
2.-Mentras compartas perfil e páxina estarás a debilitar a túa páxina de seguidoras e non aparecerá de forma sinxela nas buscas. Un perfil persoal non é adecuado para facer negocios. Seguir a promocioalo é unha perda de tempo.

3.-Cos perfís persoais de Facebook non podes usar o sistema de publicidade . Non importa que nunca vaias a gastar un peso en publicidade no Facebook, os perfís persoais non permiten realizar esa acción, e nas páxinas podes simular contratar unha acción publicitaria e desvelaranseche moitos datos do teu mercado obxectivo.

4.-Utiliza pestanas persoalizadas e aplicacións. Dende un perfil persoal non se poden usar aplicacións específicas nativas do Facebook para negocios e empresas. Hai unha chea delas, e a maioría deixanche probar as opcións básicas. É unha magoa despaproveitalas.

5.-Indexa o teu negocio. As páxinas de seguidoras do Facebook están diseñadas para ser atopadas polos buscadores. Pola contra, os perfís persoais contan con diversas opcións de privacidade que non os fan aptos para ser usados como páxinas comerciais. As páxinas de seguidoras son de balde.

6.-Administración compartida. Coas Facebook Fan Page podedes levar a administración da páxina entre varias persoas sen necesidade de partillar contrasinais. Existen diferentes niveis de administración para as funcións que desnvolve cada colaboradora.

7.-As Fan-Pages teñen un sistema de estatísticas moi interesante. Pola contra as páxinas persoais non proporcionan ningún tipo de ferramentas de seguemento.
Dende unha páxina de seguidoras podemos coñecer datos demográficos das nosas seguidoras como a edade, os posts mais leidos, alcance das publicacións, cantas persoas visitan nosa páxina,etc. Tamén podes programar (e tamén temporizar)  publicacións para so unha parte da túa audiencia (sexo, intereses, edades... etc)


estatisticas Facebook
8.- Non hai limitación de contactos. Nas páxinas de Empresa de Facebook non existe a limitación de 5000 amizades. Unha páxina pode ter un número indefinido de seguidoras.

9.- Check-in e Xeolocalización: Se tes un espazo físico  para o teu negocio esta posibilidade é moi interesante para lograr exposición nos taboeiros das túas clientas. Ademais estarás presente nos sistemas de xeolocalización do Facebook cando alguén percure negocios cercanos.

10.- Xenera Comunidade. Unha páxina pode axudarche a crear e manter unha comunidade arredor da túa marca. Os posts e comentarios das usuarias xunto coa túa interacción xenera unha sensación de pertenza que potencia a presencia da túa marca nas Redes Sociais.


E ti.. ¿Xestionas teu comercio Local ou ONG dende un perfil persoal do Facebook ou utilizas unha páxina de Fans?
Como sempre che pedimos, se gostaches deste artigo partillao coas túas veciñas. Ata a prósima,



Voltar ó Indice.
Licencia Creative Commons 10 Ventaxas de unha páxina Vs Perfil en Facebook por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+


Ningún comentario :

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...