xoves, 14 de novembro de 2013

Obxecto Social

Obxecto Social

¿Que comunicamos?: O obxecto social.

Dentro de cada entorno, comunicamonos arredor daquel tema que é común entre nos. O obxecto social.
Denominamoslle así os elementos de interés común. (o precio do peixe, o partido de fútbol, o estado das estradas, o precio do café, ventas de hoxe, normativas  de recente aprobación que afectan ó noso ámeto, frio no taller, as notas dos rapaces, a xeada e os repolos ....)

Dentro de cada un dos nosos grupos existe cando menos un elemento común que é o que nos pon en contacto, e dentro de cada entorno nosas mensaxes están directamente relacionados con el.

Unha vez que teñamos claro cal é o noso obxecto social ( Non é o mesmo que un obxecto económico), buscaremos cales son as canles mais adecuadas para poñernos en contacto con él. 

Obxecto Social
Percuraremos foros, sectores, redes verticais,  grupos ... todos aqueles lugares onde se compartan os nosos intereses, poidamos plantexar as nosas dúbidas e dar resposta as de outras ....

O noso obxectivo, será convertirnos en referentes, e que polo tanto, prestese atención a aquelo que temos que decir. Esta vai ser a diferencia entre o éxito ou o fracaso da nosa misión social, sexa como proveedores de servizos sociais, ou de productos físicos.

Neste taller imos facer todo isto pero dende a plataforma Facebook.

A razón básica é que é a Rede Social mais extendida a día de hoxe, con uns 1.400.000.000 de usuarias rexistradas, e mais de 800.000.000 millóns de usuarias activas. 

Para elo empregaremos o cadro de busca de Facebook usando verbas relacionadas co tema do noso interese. (Neste caso, motociclismo, motos .. ou sendo mais específicos, de querer, buscando unha marca, un circuito, o corredor favorito, os contactos institucionais, as academias ...)

Como exercicio práctico para este post, pedimosche que busques páxinas e grupos relacionados cos teus intereses, vexas como funcionan e que nos contes cal é a tua experiencia con eles, que  crees que lles poderías aportar e  cales che pareceron mais interesantes e por qué.
Podes comentarnos tua experiencia no espacio dos comentarios do post, ou ben transmitirnola no grupo de "Aprendermos Facebook".

 

Ningún comentario :

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...