luns, 10 de marzo de 2014

A privacidade no Facebook

privacidade facebook

Privacidade e Intimidade

O dereito á intimidade e a privacidade está recollido no Artigo 18 da Constitución do Reino de España, onde pode leerse que ;
Artigo 18:
1.- Garantizase o dereito ó honor, á intimidade persoal e familiar e a propia imaxe.
(...)
4. A lei limitará o uso da informática para garnatir o honor e a intimidade persoal e familiar das cidadáns e o pleno exercicio dos seus dereitos.
En canto o significado dos vocablos, podemos decir que a privacidade pode ser definida como o ámeto da vida persoal de un indiviudo que desenvolvese nun espazo reservado e que debe manterse confidencial e manterse fora de calqueira intromisión, (wikipedia) , en tanto que intimidade sería a "zoa espiritual íntima e reservada de unha persoa ou de un grupo, especialmente de unha familia" (por extensión alcoba).Referindonos ó Dereito á intimidade, diremos que é o dereito de toda cidadán a poder definir que se atopa dentro do seu círculo íntimo, e impedir que calisqueira terceira acceda a esa información de caracter persoal.

O feito e que coa incorporación das persoas ás redes sociais como o Facebook, estas atopanse expostas a unha chea de intromisións na intimidade/privacidade mais que anteriormente. Certo é que en moitas ocasións é unha autoproclamación voluntaria de ideoloxías, opinións e comportamentos, pero que curiosamente, nunca se farían "ao vivo" mais aló dos círculos mais achegados.

Compre recordar que un contido que publiquemos, pode ser compartido por calqueira usuaria á cal teña acceso, e ser descargado ou partillado e multiplicada a sua difusión en minutos.

Non estará de mais que leades -se vos presta- a versión completa das políticas de privacidade do Facebook, e que se teña claro, de entrada, que é o que ocurre cos nosos datos.

Unha vez repasada a parte mais teórica do tema "Privacidade", imos dar un paseo pola aplicación para ver como podemos xestionar a privacidade das nosas publicacións e dos nosos perfiles.

O teu perfil no Facebook.


Igual en algún momento, preguntachete como luce o teu perfil do Facebook dende o punto de vista de outras persoas.

¿Non estás certa de si tuas publicacións son públicas ou privadas, ou tes ben administradas as listas?
Sempre está ben que saibamos como nos miran dende afora, de todos xeitos non todo o mundo ten que sabelo todo...

Por sorte, faise doado e non leva mais que un par de pasos.

Vai a pestana de privacidade, e clicka nela.





A partires de ahí vai a <qué é o que ve a xente na miña cronoloxía>
Isto levate o teu perfil, pero na parte de arriba aparece unha barra moura na que podes meter o nome de quen queiras saber como mira o teu perfil. Si non escribes nome ningún, amosaraseche a vista pública.




Se queres ver como unha persoa específica, pulsa en ver como e escribe o nome que desexes. Para volver a ver a tua vista pública (e comparala, claro), usa a pestana pública. Para sair, dalle o "x" da esquerda da pantalla.  

Lembra: As cousas que ocultes na túa cronoloxía seguirán aparecendo na fonte de novas, buscas e outros lugares do Facebook.


Usando o Perfil Privado para difundir unha Causa/Marca:

 Ainda que é unha práctica totalmente desaconsellable, tanto por vulneración dos termos do Facebook -o cal fainos especiallmente vulnerables- como polas poucas ferramentas de seguimento que nos ofrecen os perfís, as veces, persoas, seguramente coa intención de non liarse, empregan un perfil persoal. Visita o post "As Fan Page no Facebook" para empezar a crear a tua inmediatamente a túa propia páxina.
Tamén en estes casos compre ter en conta as opcións de privacidade.
Si estás a poñer uns posts chulisimos, e non permites -polas tuas opcións de privacidade- que se partille , obviamente a tua causa non pode chegar moi lonxe.

opcions privacidade facebook
ou ben, cando unha publicación quere compartirse nunha páxina, o non ser pública, pode ser que vos atopedes con unha mensaxe coma esta que sigue. Como vedes, as opcións de privacidade neste caso impiden a difusión do evento.

privacidade facebook

As etiquetas nas publicacións do Facebook.


Para ben ou para mal, unha das posibilidades que da a plataforma Facebook, é o de mencionarte ou etiquetarte nunha publicación (ben sexa texto ou fotograma), facendo que dita publicación apareza automáticamente na túa biografía, e incluso, que chegue os teus contactos ó ser considerado polo programa como un post que fixeches ti mesmo.

O caso, é que dito post pode enorgullecerte ou ... pode resultar comprometido...
O primeiro que compre saber, é que poden etiquetarte nas publicacións nada mais que os teus contactos, ou sexa, que o primeiro cortalumes é evitar ter entre eles a persoas que te poidan comprometer.
A segunda cuestión, é activar a revisión de publicacións etiquetadas. 

Cando activas esta opción, recibes un comunicado decindote que foches sinalada en determiñada publicación, e ti manualmente aceptas ou non que isto apareza publicado na tua liña do tempo.
 etiquetas facebook


Nota: Este axuste só controla o que se pode ver na túa cronoloxía. As publicacións nas que te etiqueten seguirán aparecendo nas buscas, taboleiro de novas e outros lugares do Facebook .
Para desetiquetarte de unha fotografía:
Entra na foto; na parte de abaixo click en opcións e escolle Denunciar/Eliminar etiqueta e listo.



 A utilidade das Listas no Facebook.


Cando chegas o Facebook, xa tes unha serie de listas predetermiñadas:
    Mellores amigas:
    Podes engadir ás tuas mellores amigas nest lista para estar o tanto de información sobre elas e obter notificacións cada vez que publiquen algo.

    Coñecidas: Esta lista é para as amigas coas que non desexas un estreito contacto.
    As persoas da túa lista de coñecidas raramente aparecen na túa sección de últimas noticias. Podes tamén excluilas dos teus posts cando publiques algo si escolles a opción "Amigas excepto conocidas" no  selector de público.
    Restrinxido: Esta lista é de persoas que tes engadidas a túa rede pero coas que non desexas compartir tuas cousas, como o teu xefe, túa nai, túa muller ou... quen ti queiras.
    Cando engades a alguén a túa lista restrinxida, non poderá mirar mais que teu  contenido público ou as publicacións onde as etiquetaras.

Podes obter mais información arredor de como engadir amigos as listas.
Ninguén recibe notificacións cando o engades ou borras das listas. Xon unha ferramenta de uso persoal.

Tamén podes  crear listas persoalizadas para organizar ás túas maigas como desexes.
a tus amigos como desexes.
Podes decidir quen está nesas listas e as restriccións de privacidade que se aplicarán. Lembra que túas amigas non recibirán ningunha notificacin cando os engadas ás  listas persoalizadas.

______________________________________________________________________


Facebook busca gráfica

A busca Gráfica do FaceBook 

Este é un buscador semántico que foi introducido polo Facebook en Marzo do 2013.
Está diseñado para dar respostas ás preguntas que fai a usuaria, en troques de atopar as respostas nunha lista de links.
O sistema de busqueda gráfico combina o gran volume de datos obtidos da sua masa de usarias e os datos externos de motor de búsca.
O motor atopa seus resultados dentro de toda a rede do Facebook pero complementase con un buscador web xenérico para complementar posibles buscas na internet.(Bing)
Graph search funcionará hoxe na tua computadora si trocas a configuración do idioma para o inglés. 

Esta ferramenta sin dubida abre grandes posibilidades a quen teña tempo para facer estudios demográficos, e seguramente Facebook ten a disposición das empresas mellores definicións de ubicación, rango de edade e gustos das persoas que utilizan sua rede, así como se relacionan entre elas, pero podese ver de unha maneira mais clara ainda (cando os datos podense cruzar como aghora) como a nosa vida dixital na rede está sendo monitorizada e ata que punto un sistema informático é capaz de rexistrar nosa actividade. (revisa teu rexistro de actividade - https://www.facebook.com/teunomedeusuario/allactivity?privacy_source=privacy_settings_page - sorprenderaste do que estabas facendo fai media hora e que está almacenado )
Cicais sexa o momento de revisar as tuas políticas de privacidade do FB para ver quen pode chegar ata as tuas publicacións.... ainda que o que é seguro, e que pola internet solo está seguro o que non está en formato electrónico. (E ainda así cabenme alguhas dubidas !!!)

A maior parte dos perigos que ocurren na Internet non veñen dos estranos, senon de persoas que te coñecen e fan buscas medio en broma. A pregunta é ¿Pode alguén que te coñece arruinar a tua vida buscando e cruzando a información que levas depositada no Facebook ?

¿Que se pode buscar e cruzar coa Busca Gráfica do FaceBook ?



Facebook busca gráfica

Os datos das usuarias do Facebook podense buscar empregando todo este rango de filtros qeu podedes ver ahí arriba. (Deixamos que a vosa imaxinación sexa quen use os filtros ó voso antollo e perdades -ou non- un rato foscallando nelo.
Para usar esta ferramenta, terás -Marzal 2014- que trocar o idioma por defecto a Inglés e escribir no cadro de busca "Graph Search".


Para usar este trebello, non é necesario siquera que uses o sistema de menues. Podes preguntarpor musulmáns que gosten do bacon... :-)



Facebook busca gráfica


ou cicais queiras saber dos coruñeses que lles guste o celta... ou... bueno, ti, co teu albedrío saberás que che interesa saber e de quen.


Facebook busca gráfica


¿Probaras xa esta "utilidade"?



Este video que sigue, amosa de un xeito inxenioso ata que punto nosa intimidade está en perigo nas redes se non somos cautos coa información que proporcionamos.




Utiliza o espacio dos comentarios, si queres, e partilla coas tuas amigas o post si che gustou.

Podes contactarme para calqueira dúbida relacionada coa privacidade nas Redes Sociais. Agardote.





Voltar ó Indice.




Webgrafía:


Redes sociales y derecho fundamental a la intimidad de los menores.
Palmira Peláez Fernández
Profesora-tutora de Estado Constitucional del Grado de Trabajo Social en el Centro Asociado de la UNED “Lorenzo Luzuriaga” en Ciudad Real.
 
Licencia Creative Commons A privacidade no Facebook,  por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+

Ferramentas usadas para crear este blogue: Linux Ubuntu, Mozilla Firefox, Gimp, Inkscape, Google Forms, Google Groups, Google Spreadsheet, Linkwhithin, Facebook Apps, Google Mail.

Ningún comentario :

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...