luns, 16 de febreiro de 2015

¿Son eficaces túas campañas en Facebook?

Non todos os negocios están dispostos a realizar unha campaña pagada en Facebook, a pesar de ser un dos medios de publicidade mais económicos que podemos atopar. 
A pesar de iso, tanto a través das Fan Page (páxinas de empresa) como mediante os grupos de Facebook, moitisimos negocios plantexan súas ofertas a unha audiencia que acada a 8 de cada 10 internautas, ben acheguense ás Redes Sociais a traverso dos dispositivos portables ou dos clasicos PC de sobremesa.

Ainda que non exista coste económico, unha promoción no Facebook implica costes en tempo, materiais e esforzo; e por elo, compre indagar para chegar a conclusións que permitan mellorar campañas futuras ou ben validar a nosa forma de proceder.

¿Cómo avaliar o impacto das  publicacións de negocios/organizacións no Facebook?

Sobre métricas e KPIs


As métricas ou medidas, veñen sendo "a analise cualitativa e cuantitativa de datos obtidos no teu sitio -ou nos sitios da competencia- co fin de mellorar de forma contínua a experiencia das clientas e o rendemento global dos teus sitios"

Os KPIs (Key Performance Indicator, - Indicadores chaves de Actividade-) son tamén métricas, mais os KPIs son as métricas que nos indican que somos quen de acadar os obxectivos planeados.

En función de esta definición, vemos que compre elaborar unha planificación das campañas, xa que somentes así podemos seren quen de realizar avaliación do proceso.


Modelo_de_Proceso_(Xestión_de_avaliación de KPIs)


¿Cais son (poden ser) os Indicadores de Funcionamento Chave da nosa máquinaria publicitaria do Facebook.... ? De seguro que diferentes dos que corresponden con outras redes sociais, pero sobre todo, os que ti consideres mais interesantes... A saber:

  • "Gostos" da túa páxina. Totais e evolución no tempo.
  • Alcance das publicacións.
  • Comentarios nos contidos publicados.
  • Veces que partillouse o teu contido.
  • Clicks nos enlaces e fotos.
  • Persoas falando da Páxina.
  • Perfil das persoas acadadas.

Um momento.... Non me digas que estás promocionando teu negocio dende un perfil persoal.... Si é o teu caso, debes saber que estás a perderte grandes posibilidades de analise. Mira como crear unha Fan Page no Facebook << Click
Anoto que túa páxina ten que ter cando menos 30 "me gusta" para que poidas ver as estatísticas.

Indicador Chave Compromiso da Audiencia

Este indicador non solo nos sirve para observar a evolución da percepción das nosas seguidoras, senon tamén para saber ...
  • cales son os contidos que resultan mais atractivo.
  • cales son as mellores horas de publicación.
Para elo escollemos unha anaco de tempo dado (mes, semana...) miramos o alcance, contamos as interaccións (me gusta+comentarios+clicks na publicación+compatidas) e aplicamos a fórmula precedente.

A ventaxa de este sistema é que podemos ir gardando os datos para observar cal é a evolución no tempo, e si as melloras que aplicamos surten realmente efecto sobre a audiencia.  Se preferimos un sistema un pouco mais a "macheta", abondaranos con desplazarnos na páxina de estatísticas para atopar un detalle de cada post publicado que dará unha idea mais que aproximada da eficacia de cada publicación.

estatísticas Facebook, analise facebook


Outros datos de interese:

Hai moitas outras métricas que podemos medir, todo dependerá dos teus intereses, pero posiblemente resultenche de interés coñecer:
  • Horarios e días óptimos para publicar e  onde nosas publicacións teñen mellor aceptación (mais comentarios ou , gostos ).
  • Viralidade das publicacións (compartidas).
  • Procedencia xeográfica das nosas seguidoras.
  • Sexo e edade da audiencia.

seguidoras facebook, estatisticas facebook

Desexo insistir na necesidade de alinear a edade e sexo da audiencia cos intereses do teu negocio, emprendemento ou asociación. De ben pouco vale incrementar a cantidade de seguidores se non coinciden cos teus intereses.


E facer iso con Facebook é doado... mira cómo....

targeting facebook


Rematando: Podemos resumir as fases para unha boa campaña nas Redes Sociais (e súa posterior analítica) en:
Definir os obxectivos desexados.
  • Seleccionar os Indicadores chave adecuados.
  • Execución da campaña.
  • Medir os resultados.
  • Analise dos datos.
  • Implementación de melloras.
  • Reinicio de ciclo.

E ti ¿cómo avalías a evolución das túas campañas nas Redes Sociais?


¿Queres saber mais? Contactame


Licencia Creative Commons ¿Son eficaces túas campañas en Facebook? por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+


Webgrafía:

Métricas de usabilidad web. J.M. Cueva Lovelle

Ningún comentario :

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...