martes, 19 de novembro de 2013

Que grandes os pequenos !!

canteiras As canles de comunicación ó alcance de todas.

Ata fai pouco, as pequenas empresas e organizacións non tiñamos nada ou casi nada que facer fronte as grandes marcas.
As grandes tIñAn a tixola polo mango. 

Grandes recursos, unhas estructuras inmensas, moito persoal a sua disposición... moi dificil pelexar nese ring.

Afortunadamente, o meu entender, as cousas están a trocar, e por sorte para os pequenos, Internet está a acadar o que parecía imposible: Que as pequenas organizacións tiveramos algún tipo de ventaxa competitiva frente ás grandes marcas.

As redes sociais propician unha nova etapa na comunicación: A transparencia, a cercanía, a facilidade de contacto e a rapidez da resposta sin que o cliente teña que pasar polo noso local.

Neste senso, as PeMEs xogamos con vantaxe. Somos mais humanas, mais autenticas, mais áxiles. somos mais persoais.

Hoxe, comunicar e facelo con calor humano, é mais doado que fai uns meses; e será mais doado ainda dentro de uns poucos.

Comunicar está ó alcance de todas, e comunicar con intencións de vender ou de valorizar noso producto (pitas de monte nos ancares ou bragas de esparto vía e-mail) está na nosa man, a coste de algo que todas temos: Tempo para a dedicación ó noso emprendemento.

As ONG's e PeMEs, conquiren mediante as redes sociais ser mais humanas, mais persoais, mais auténticas, mais áxiles a hora de resolver. Mais Resolutivas.

Contamos ademais con unha vantaxe que non terán as grandes marcas: Nosos contactos non falan con unha web, ou con un robot durante un proceso de compra: Falan con nos, coas titulares, que somos avalistas da calidade do noso producto.

Eu interpreto este movemento como un avance claro cara a democratización dos sistemas de comunicación (non levemos a enganos... alguén tira tallada !!)

Exercicio suxerido para este post:

Comparte coas compañeiras a tua opinión.
  • ¿Poderesmoslle os pequenos ós grandes ou non hai volta de folla? 
  • ¿Crees que hai xeito de facer que nosos "productos" impacten mais que os das grandes marcas? 
  • ¿Cómo?
  •  Estarías disposta a compartir espacios dixitais para proxectar mais o teu ámeto?
  • ¿Coñeces algún caso de éxito mediante as redes sociais?


Emprega a zoa de comentarios ou ben escribe no taboeiro do Grupo de Aprendermos Facebook.

 
Licencia Creative Commons Que grandes os pequenos,  por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+

Ferramentas usadas para crear este blogue: Linux Ubuntu, Mozilla Firefox, Gimp, Inkscape, Google Forms, Google Spreadsheet, Linkwhithin, Facebook Apps.


Ningún comentario :

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...