sábado, 2 de novembro de 2013

16 razóns para ter teu negocio en Internet.

negocio en internet
Teu negocio en Internet. Fonte CC

16 razóns para ter teu negocio en Internet.

Calqueira que sexa teu negocio, podes estar a cometer un grave erro se non te plantexas unha estratexia de visibilidade na internet.

Hoxe enumeroche 16 motivos polos que o teu negocio debe estar na Internet.

As pautas que proporciono van dirixidas a PEMES, e son cuestións fundamentais que poderás realizar en moitos casos ti mesma sen mais que un pouco de esforzo e practicamente sin inversión (mais alá do ordenador e a conexión necesaria e o tempo que lle poidas adicar)

¿Por qué poñer o meu negocio na Internet?

1.-Porque é mellor que ver como o día pasa sin que teñas clientes e ninguén se interese.

2.-Porque as persoas (igual que ti) buscan na Internet cando teñen interese ou necesidade de un producto.

3.-Porque a inversión de poñer teu negocio na Internet costarache mais tempo que cartos. A inversión é practicamente nula. 
Podes agardar  os bos resultados para contratar e poñerte en man de profesionais.

4.-Porque canto mais tardes, mais traballo vai dar atopar un sitio para  o teu negocio  en internet.

5.-Porque grazas a Internet pos un valado publicitario na casa dos teus clientes ou teus posibles clientes. Teu escaparate xa non se mide en metros nin pola cantidade de xente que pasa pola rúa, senon en persoas interesadas en servizos/productos similares os que ti ofreces. O 60% das persoas do sitio donde vives se conectan todos os días a unha rede social.

6.-Porque si tes éxito, podes chegar a vender por Internet.

7.-Porque abres posibilidades de negocio como cobrarlle ós proveedores por promocionar suas marcas ou servizos no teu blogue.

8.-Porque mellora tua imaxe ante os teus clientes e dache unha imaxe de modernidade.

9.-Porque podes utilizar internet como escaparate 

10.-Porque as grandes compañías de marketing on line proporcionan ferramentas para situarte nos mapas de comercios para que os clientes te atopen mellor. 

11.-Porque gañas prestixio e polo tanto venderás mais facilmente. Se compartes teus coñecementos e habilidades e coñecementos en Internet o cliente chegará onda ti consciente de que coñeces a materia coa que traballas.Teu cliente chegará ó teu negocio coa tranquilidade de que estase a poñer nas mans de unha experta.

12.-Porque as redes sociais, como o facebook,  axudanche a manterte en contacto cos teus clientes e que te teñan en conta, ben mediante grupos, páxinas ou perfiles.

13.-Porque forzate a estar mellorando continuamente para estar á última dentro do teu sector, e ademais tamén verás como se move a túa competencia. Isto farache vender moito mais.

14.-Porque tua tenda pode chegar a estar 24 horas 7 días a semana a disposición da xente.

15.- Porque podedes enviar unha mensaxe a todos os vosos seguidores de unha sola vez, como nos eventos de facebook. 

16.- Porque podes xuntar os teus clientes por grupos, para dirixirvos a cada un según os seus intereses.

Estas son algunhas das razóns para poñer teu negocio na internet Non importa que sexa unha peluquería ou calqueira outro negocio. Non deixes que che pasan por enriba.

¿Que outras razóns darías ti para que a tua empresa ou organización esté presente en Internet?


 
Licencia Creative Commons 16 razóns para ter teu negocio en Internet  por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+

Ningún comentario :

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...