xoves, 15 de maio de 2014

Facebook anuncia Audience insights

Facebook anuncia Audience Insights.

2014 Maio 08
Fonte: Facebook.

Baixo o epígrafe "Mais información sobre as persoas importantes para teu negocio con Fb Público Insights", a plataforma creada por Mark Zuckemberg ven de anunciar unha nova ferramenta para anunciantes que permite atopar información arredor dos gustos do público que obxectivamente cada negocio pode desexar acadar.

Con esta  ferramenta Facebook pretende por o dispor dos negocios información estatística (insights) relativa a súa audiencia/público obxectivo, incluindo informacións que ata o de agora non estaban incluidas relacionadas co entorno xeográfico, comportamento de compra, datos demográficos etcétera.

Audience Insights explicado coas verbas de Facebook:

Supoñamos que queres aumentar a percepción da  túa marca e vender os teus productos of-line, é decir, dentro da tenda.
Entón ti queres saber cantas persoas que están na plataforma Facebook viven perto das túas tendas, así como os seus intereses, os comportamentos de compra pasados e si mercan ou non en liña.

estatísticas facebook
Imaxe: Facebook for bussines.

Pois cos datos que agora van atopar os publicadores de anuncios, van poder coñecer, cando menos, de xeito estatístico e anónimo datos tales como:

  • Demográficos: Edade, sexo, estilo de vida, educación, estado civil, tamaño da familia.
  • Gustos: Páxinas que gustan referidos a distinta categorías, como roupa, deportes etc.
  • Localización e idioma: Onde viven e en que idioma teñen configurado o seu Facebook.
  • Uso do Facebook: Con que frecuencia se conectan a Facebook e mediante que dispositivos o fan.
  • Actividade de compras: Comportamento coñecido de compra pasado e métodos de compra (en liña ou na tenda)

Esta información estará segmentada  en tres grupos diferentes:

  • Usuarios de Facebook en xeral.
  • Persoas conectadas co teu negocio ou evento.
  • Audiencia que xa forma parte da túa clientela.

A diferencia entre os futuros (esta versión somente está funcional polo de pronto -2014Maio- en USA) Insights da Audiencia e ós Insights das páxinas actuais, é que os "Audience Insights" analizan a clientela potencial, mentras que as analíticas das páxinas traballan sobre as interaccións que xa tes nela (gostos, comentarios, accións).

Dentro de uns meses, teremos - dice Facebook - esta ferramenta analítica dispoñible no "resto do planeta".

Fonte do texto orixinal e imaxes: Facebook.

PS: Haberá quen diga que o galego é dificil.. pero  Ños !! como pode rematar unha verba en 4 consoantes... insiGHTS????

Apuntate o taller para non perderte caseque ningunha actualización do que pase na plataforma Facebook, e si tes algunha dúbida... pois contactame, que para iso estamos.




Voltar ó Indice.
 
Licencia Creative Commons Facebook anuncia Audience Insights (baseado nun texto de Facebook) por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+


Ningún comentario :

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...