Facebook para Organizacións: ¡ Despega !
Con este post poderás facer unha páxina do teu negocio por ti mesmo, optimizala e definitivamente poñer o teu negocio on line a un precio
<<cero>>
Dende ó punto de vista do usuario , o comportamento da páxina é similar a de un perfil persoal, aparecendo as noticias ou ben no valado ou no espacio de actualizacións.
Pero existen unhas diferencias que cambian o comportamento das páxinas respecto ós perfís persoais do Facebook:
.- Non están limitadas a 5000 contactos.
.- Permiten instalar artiluxios -robots- diversos que dan funcionalidade e enganche á audiencia e permitenos difundir mais cuestión.
.- Nos dan unha visión demo-xeográfica da nosa audiencia grazas as funcións estatísticas.
.- As páxinas poden ser administradas por diferentes persoas e con diferentes cometidos.
.- Teñen funcións para ver as estatísticas da nosa audiencia e dos nosos posts.
.- Teñen funcións para ver as estatísticas da nosa audiencia e dos nosos posts.
Necesidades previas a creación de unha páxina (FanPage) de facebook:
O único que é necesario para crear unha páxina no Facebook e contar con un enderezo de correo electrónico onde recibir as notificacións que ademais sirve como nome para poder acceder a tua conta e mais ter unha páxina de perfil dende onde iniciar sesión.
Bueno, o único non, é necesario ter ganas de interactuar coa tua clientela por medio de esta rede social anunciando teus productos nas suas computadoras e teléfonos móbiles .
Antes de proceder á creación da páxina deben dotarse de contidos as distintas canles de alimentación.
A audiencia da páxina debe dimensionarse en función do seu estado de "acabado". Empeza pouco a pouco, engadir á xente de mais confianza,valorar conxuntamente o aspecto, buscar fontes de contidos, e unha vez teña entidade, darlle publicidade.
No caso de contar con unha boa rede de colaboradores ou creadores independentes , a páxina podese alimentar automaticamente con estes colaboradores coa aplicación RSSGrafitti. ou outras similares, como twiterfeed. (de isto falaremos mais adiante)
Co fin de incrementar a visibilidade deste emprendemento na rede, imos crear unha páxina de empresa ou fan page. Contamos con algunhas ventaxas respecto ó perfil común do Facebook:
Ventaxas das páxinas respecto os perfís:
- Número ilimitado de seguidoras.
- As páxinas son visibles para todo o mundo, incluso si non está logueado no FB.
- Alta posibilidade de configuración. Podense crear aplicacións a medida.
- Indexación nos buscadores.
- Acceso a funcións estatísticas de comportamento ante os posts e de estudio demográfico.
- Dende as páxinas podese facer publicidade de productos e tamén crear propaganda para acadar maior audiencia.
Creando nosa Fáxina de Fans.
Dende noso perfil pulsamos crear páxina:
Logo escolleremos o tipo de páxina que desexamos crear,(negocio local ou lugar; empresa, organización ou institución; marca ou producto; artista, grupo ou personaxe público; entretenemento ou causa social).Se honesto nas definicións. Non todas as funcións están soportadas en todas as categorías.
Se posteriormente queres crear promocións, escolle, mello, a opción de "lugar ou negocio local".
Si tes un negocio esta será a mellor opción. Terás posibilidades que non atoparás nas outras opcións, como colocar a ubicación, teu horario e días aberto etc.

Damoslle nome, aceptamos os termos do servizo, cargamos a fotografía que desexemos para a identificación do sitio e continuamos co proceso de darlle vida.
Os nomes das Páxinas no Facebook:
O nome da páxina debe reflexar de forma precisa o contido da páxina. Facebook reservase o dereito de suprimir os dereitos de administación ou pedirche que troques o nome e o enderezo web de facebook de dita páxina si non cumple o requisito.
- Non deben consistir unicamente en termos xenéricos (como por exemplo "cervexa" ou "pizza")
- Deben facer uso adecuado das maiusculas e gramaticalmente deben ser correctos. Non se poden escribir en maiusculas mais que os acrónimos.
- Non poden incluir símbolos, puntuación excesiva ou indicadores de marca rexistrada.
- Non deben incluir descripcións superfluas nin calificativos innecesarios.
A tua páxina recén creada aparece espida de todo... Para poñela atractiva, empeza por colocar unha fotografía que represente a tua marca ou negocio de unha sola vistada.
É despois é o momento de poñer a foto de portada.
Esta é a parte mais visible da túa páxina.
Esta é a parte mais visible da túa páxina.
- Usa unha imaxe exclusiva que represente ó teu negocio. Pode ser un plato popular do teu menú, a portada de un dos teus albums de fotos ou unha imaxe de alguén usando o teu producto. Emprega a creatividade e proba con imaxes que reciban unha resposta positiva do teu público.
- Lembra que as fotos das portadas son públicas.
- Estas fotos non poden ser nin enganosas nin confusas e tampouco poden infrinxir dereitos de autor de outras persoas ou empresas. Non se pode animar ás usuarias a que suban tua foto de portada ás suas biografías persoais.
- As fotos de portada deben ter cando menos 399 pixeles de ancho e non poden incluir imaxes con mais de un 20% de texto.
- Para optimizar o tempo de carga da tua páxina sube un arquivo JPG de 851 píxeles de ancho e de 315 píxeles de altura, e que teña un tamaño de menos de 100 k. Si estás a subir teu logo ou contido de texto, os arquivos PNG ofrecen un resultado de maior calidade.
Ocultando unha páxina de Facebook incompleta.
Se desexas manter a tua paxina oculta mentras está incompleta, vai o panel de administración, axustes >>Unpublihs page. De este xeito non estará visible para o resto das usuarias e podes facer probas a gusto.
Non te esquezas de publicala cando creas que xa está preparada para por a dispor do público.
Tua información na páxina do Facebook:
Acto seguido, temos na man esquerda un espacio de 155 caracteres para dar información acerca da tua empresa. Empreguemolo.
Para actualizar e complementar a información, debemos ir á parte superior da páxina e pulsar editar páxina para completar todas as posibilidades de información que se nos ofrecen.
Barre o menú ata que te des por satisfeita da presencia e comportamento da tua nova páxina.
Non estará de mais que leas atentamente as políticas de Facebook para páxinas para estar curada en saude e non meter a zoca.
Xa podes empezar a facer as tuas publicacións, suscribirte desde un perfil diferente e observar como funcionan os mecanismos e posibilidades desta función informática.
As Páxinas do Facebook poden ser xestionadas por varias persoas, todas coa mesma capacidade ou con opcións limitadas.
Para que compartir a xestión da tua páxina, entra nela, vai a pestana Editar Páxina>>Xestionar os roles de Administrador e alí engadir ós que desexes, e darlle as capacidades que consideres a cada un deles.
De esta forma mellorase notablemente a seguridade, xa que cada persoa involucrada na nosa páxina podemoslle conceder o tipo de admistrador que mais nos conveña, dependendo do tipo de colaboración que vaia a realizar.
Un supoñer: Estás interesada en vender publicidade, e un anunciante quere coñecer as tuas estatísticas. Nese caso daselle acceso como "Analista de Estatísticas", de xeito que so poderá ter acceso a elas e non poderá publicar, xestionar administradoras etc.
Na taboa de abaixo podedes ver cal é o rol posible para cada tipo de administradora.
O mais divertido ven aghora: Crear un plan de publicacións, definir un público obxectivo, atopar os puntos de conexión, buscar e adaptarnos ós hábitos e gustos do noso publico .... ¿A que mola?
Si necesitas axuda para crear a túa Fan Page, contactame, e si che gustou este post, comparteo coas túas amigas ... e si non che gustou... ou quedaronche dubidas... comenta, faime saber !!!!
Un resumo visual en 6 pasos para configurar Facebook:
Administración Compartida de páxinas do Facebook

Voltar ó Indice.
As Fan Page en Facebook por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported Manuel Freiría en G+
Ferramentas usadas para crear este blogue: Linux Ubuntu, Mozilla Firefox, Gimp, Inkscape, Google Forms, Google Groups, Google Spreadsheet, Linkwhithin, Facebook Apps, Google Mail.
Ningún comentario :
Publicar un comentario