venres, 11 de abril de 2014

Trocos na Plataforma Abril 2014

facebook edge-rank
Novo cambio no algoritmo de Facebook para amosar melloras no Feed de novas e votar do FB ás Spammers.

Limpando o  News Feed de Spam

Por Erich Owens , Enxeñeiro de Software, e Chris Turitzin , Xerente de Produto
Adaptación o galego: @manolofreiria

O obxectivo do News Feed é entregar o contido axeitado para as persoas determinadas, no momento, para que non se perdan as historias que son importantes e relevantes para as usuarias.
Con estes trocos, facebook anuncia unha serie de melloras para as novas historias na nosa páxina de feeds (novas), que en ocasións as usuarias consideran spam (contido non desexado) e non as queren ver.
Moitas desas historias son publicadas polas páxinas deliberadamente para tentar acadar unha audiencia que a noticia por si soa non faría.
Categorizanse tres grandes categorías sobre as cales vaise actuar.

Like- baiting (Cebos -Me gusta)

Cando é unha nova na liña de noticias convida ás lectoras a compartir, gostar, comentar ou compartir o post, co fin de acadar unha distribución adicional mais alá da difusión que normalmente recibe.

As persoas adoitan respostar as mensaxes que lles piden tomar unha acción, e iso ben significando que estes posts son amosados a mais persoas, e tamén que se mostra mais arriba na páxina de novas.Non obstante, cando Facebook pidelle ás usuarias que avalien a calidade desas historias, estas non as consideran mais relevantes que outros contidos cun número semellante de gustas, comentarios ou compartidas.
Facebook considera que estas historias levan a unha experiencia negativa ou menos agradable para as usuarias, xa que abafan o contido de amigas e páxinas que realmente si resultan interesantes para as usuarias.
A mellora que o Facebook fará pretende garantir que estas noticias-spam non aparezan nos lugares mais destacados da páxina de novas que os contidos relevantes de amigas e páxinas.
Con esta actualización da plataforma non se verán afectadas as páxinas que estean a tentar xenuinamente fomentar a discusións entre os fans, e centrarase nas Páxinas que frecuentemente piden likes, comentarios e accións sobre os posts.

algoritmo facebook
Fotografía: Facebook

Contidos de circulación recurrente

Tratase de contidos de circulación recurrente.
Persoas e páxinas frecuentemente partillan certos contidos, pero as usuarias entenden que existen moitos casos nos que as fotos e os videos son enviados unha e outra vez.
As novas na programación da plataforma pretende ocultar este contido recurrente e menos relevante e non enfatizar as páxinas ou persoas que utilizan este difunden este tipo de contidos. Deste xeito pretendese ocultar un 10% menos de historias nas páxinas de novas.

Ligazóns a Páxinas de Spam.

Algúns contidos nas páxinas de novas usan un formato ou lingoaxe impreciso para tentar enganas ás persoas e que fagan click nelas para levalas a sitios que só conteñen anuncios ou combinacións de contidos e anuncios. Por exemplo, moitas destas historias afirman que levan a un álbum de fotos ou a un video, pero en lugar disto levan a unha web solo de anuncios, ou a aplicacións que pretenden permiso para instalarse no teu dispositivo e ter acceso á túa rede de amigas.
Facebook medindo como as usuarias optan por visitar este tipo de ligazóns, foi capaz de detemiñar mellor os enlaces tipo spam. Con esta actualización reducirase a aparición na páxina de novas de enlaces Spam, o cal garantirá mellor que cando se visite un enlace non sexa unha perda de tempo, senon contido relevante.

¿Cómo afectará isto á Túa Páxina?

A maior parte das editoras non están no Facebook para enviar mensaxes de Spam, e si a utilización das túas publicacións é adecuada, incluso pode acadar unha maior visualización dos teus posts, en detrimento dos posts spammers.
As editoras que están a crear frecuente e intencionadamente spam para alimentar a pantalla de novas verán como a distribución dos seus contidos vai disminuir nos vindeiros meses.
Facebook está a facer cambios para garantir que estes contidos-spam non abafen o contido das amigas e páxinas que as persoas interesanlle realmente.

¿Como responderon as Usuarias?

Poucos días despois de facer públicos os trocos no algoritmo, aparecía esta imaxe nos perfís de esta rede Social:

Querido Facebook:
Quero mirar todos os posts das miñas amigas, non solo os que ti crees que me gustan. Polo orde no que se publicaron.

Para de amosarme "Historias Top" sin sentido.
Deixa de poñer contidos na parte alta do meu feed solo porque alguén comentou.
Deixa de amosarme o que os meus amigos lles gosta ou comentan.
Deixame ver todos os posts das páxinas que sigo.

 
Si queres que siga usandote, amosame as cousas que eu quero ver.


Imaxe todama do Grupo Locos por el Social Media Galicia.
 

¿Qué  opinades? ¿Pensades que ides ter mais alcance o eliminar estes posts como dice Facebook ou seguiredes igual ou peor? ¿Coincides coa opinión das usuarias?

Si queres estar o tanto de todas as novedades que se producen na plataforma Facebook, apuntate ó taller ou suscribete ás novas.




 
Licencia Creative Commons Trocos na Plataforma,  por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+


Emprega, si desexas, o espacio de comentarios do post,  ou no grupo Aula virtual de  Redes Sociais  de "Aprendermos" no Facebook , no  grupo "Aprendermos" do Linkedin ou no Grupo eMarketing Portugaliza de Google +
¡Colaboremos!
¿Prestache?


Ningún comentario :

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...