luns, 17 de marzo de 2014

Redes Sociais e Publicidade

redes sociais

¿ Por qué son gratis as redes sociais?

Ou mellor cabe preguntarse; Ainda que non aportemos cartos, ¿as redes sociais son gratis?
É evidente que as empresas que xestionan as redes sociais, ó igual que calqueira empresa privada, existen para xenerar beneficios. E ...¿si nos non poñemos cartos, de onde salen os beneficios?
Pois os beneficios salen dos datos que nos aportamos, que aportan información moi importante e interesante de moitas de nos.
Con todos estes datos crease unha base de datos, anonima pero moi ben separada en canto a edades, sexo, ubicacións, ... as cales teñen  moito interés para as empresas e os anunciantes.

(Ver ¿Canto costan os servizos gratuitos na internet?)

A Segmentación de Públicos.

Unha das chaves das estratexias de marketing é saber segmentar o mercado. Saber a quenes van ir dirixidas as mensaxes ou definir dentro de un público heteroxeneo características comúns.

Antes de iniciar o traballo en redes sociais, debes definir teus obxectivos, como descubrir o mercado, cales van a ser as diferentes estratexias para levar mensaxes ata el.

Normas Express de Segmentación:
  • Primeiro define teu mercado. Edade, sexo, ubicación, costumes...
  • Logo evalúa en que redes sociais están os teus potenciais.
  • Observa cales son os seus hábitos.
Este traballo danllo feito algunha redes sociais ós seus clientes.

Pensemos no Facebook:
Facebook ten arredor dos 1400 millóns de usuarios en Marzo de 2014 , os cales se pasan na rede social unha media de 60 minutos ó día.

Facebook sabe nosos gustos, sabe noso perfil socioeconómico, coñece nosas aficións.
Facebook, a través de esta información tan rica que recopila é capaz de dirixir unha campaña pagada por un anunciante para amosarlla somente  a usuaria final- -público obxectivo- desa marca, con bastante acerto.

Por outra banda, si o programa de Redes Sociais utiliza cukis, e telas activadas, o  programa pode rastrear e rastreará teus hábitos de navegación. 
As Cookies, "cukis", son pequenos programas que se instalan nos navegadores e permite facer seguimento da navegación de ese usuario.
Os datos convirtense no ouro da rede.

Na imaxe que acompaña, podense ver varias das ferramentas de segmentación gratuitas que podense atopar nas Facebook Fan Page.

segmentos facebook


Así o explica Nerea LLorca, responsable de PeMEs de Facebook.
"Facebook é unha ferramenta de marketing que ofrece unha audiencia global e nos permite atopar ó cliente que mais nos interese". 



Temas relacionados:

Facebook anuncia trocos  no diseño das Fan Pages.
Ferramentas para concursos nas Fan Pages.

Creación e Xestión de eventos no Facebook.
Dinamizando as Páxinas de Facebook.






 
Licencia Creative Commons Redes sociais e publicidade por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+

Ferramentas usadas para crear este blogue: Linux Ubuntu, Mozilla Firefox, Gimp, Inkscape, Google Forms, Google Groups, Google Spreadsheet, Linkwhithin, Facebook Apps, Google Mail


Ningún comentario :

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...